Inicio Esquerda Nacionalista

  Ideario
     
 
Menú
Ideario
Estatutos
Organización
IV Asembleia Nacional
Imaxes/Fotos
Publicacións
ENClave
E.N.Galiza
E.N.Vigo
Contacto
Suxerencias
Correio-e
Enderezos



BNG-Galiza

Galiza Nova

Fundación ENClave

Plataforma Nunca Máis

 
Ponéncia Ideolóxico-Política.
Introdución.
I. Galiza nación.
II. Rexime político.
III. Liberdades individuais e direitos colectivos.
IV. A base económica da sociedade.
V. A base territorial da sociedade.
VI. Língua.
VII. Posicións perante problemas mundiais actuais.

Introducción.

Cando en Abril de 1992 se celebrou a Asemblea Constituínte de Esquerda Nacionalista aprobaron-se os PRINCÍPIOS IDEOLÓXICO-POLÍTICOS, que foron ratificados pola 1ª Asemblea Nacional, celebrada o 12 de Marzo de 1994 en Monforte. Nesta 2ª Asemblea de EN imos recoller case que textualmente ditos princípios para que sirvan de corpo ideolóxico e de guieiro político ao novo xeito de organiar-se EN como Partido Político e assi reforzar mellor o BNG.

En Decembro de 1994 a Mesa Nacional de EN aprobou uns postulados de Actuación política a curto prazo nos que se recollia a conveniéncia de converter a EN nun partido político explicitando os seguintes argumentos:
  1. EN conta cun proxecto político, con princípios de actuación política próprios recollidos no documento fundacional Declaración de princípios Ideolóxico-Políticos que non é nen máis nen menos que un instrumento político perfeitamente válido para a constituizón dun partido nacionalista e de esquerdas.


  2. EN conta coa estrutura organizativa própria dun partido político, segundo quedou definida na Asemblea de Monforte.


  3. EN posui unha aceitábel implantación nos diferentes eidos sociais (profisionais, intelctuais, obreiros, empresários, mocidade, etc.) que garanten que o proxecto político proposto teña verdadeira incidéncia na sociedade galega. No futuro a implantación de EN na sociedade será moito máis ampla, xa que obxectivamente son moitas as persoas de esquerdas que desexan participar activamente no traballo político e non se senten representadas polas organizacións da esquerda estatal nen por outras opcións nacionalistas.


  4. Outro argumento para tomar EN a decisión de converter-se en partido político é a própria situación organizativa na que se topa o BNG, xa que no seu proceso de autoorganización, na próxima Asemblea abordará a sua legalización como asociación política. Sen predeterminar cal será o modelo organizativo do que finalmente se dote o BNG, coidamos que como mellor podemos contribuir a desenvolver o PROXECTO COMUN desde os presupostos de EN, é dotando-nos dunha estrutura organizativa que nos situe no proceso de debate e de responsabilidade política no mesmo plano de importáncia que os restantes partidos políticos que integran o BNG.


Ao reflexionarmos sobre o sentido dos partidos políticos nas sociedades destacamos que a vida democrática dos povos, mesmo na sua simples existéncia, non é factíbel nen ainda concebíbel sen a participación dos cidadáns e cidadás na actividade política. Este princípio, corroborado polo acontecer histórico, é tanto máis valedeiro cando un povo non dispón do libre exercício da sua soberania política como nación e tenciona loitar por acadá-lo. Eis a dobre razón de ser, democrática e nacionalista, da militáncia política para un cidadán galego.

A vertebración desa actividade na dimensión colectiva produce-se através de procesos de autoorganización en forma de forzas políticas próprias con cada un seu ideário e cada un sua base social: son os partidos políticos. Trascender organizativamente os lindes sociais e ideolóxicos da dimensión partidária, sen cair nunha amalgama uniformizadora, só se pode lograr mediante unha fórmula: unha frente que recoñeza e pratique o pluralismo, tanto nas coordenadas orgánicas como nas ideolóxicas.

Vai para trece anos que o sector da cidadania galega que optara pola fórmula frentista para vertebrar a sua militáncia política, redefiniu o modificou a concreción do modelo organizativo e máis as regras de convivéncia dentro da frente, mesmamente para garantir o pluralismo o o equilíbrio internos, e abordou un proceso de progresiva posta de prática efectiva desa formulación.

Dentre dese proceso convén que estexan acaidamente perfiladas as diferentes referéncias ideolóxico-políticas que, nas coordenadas ideolóxicas, programáticas e orgánicas da própria frente, compoñan o espectro plural da sua estrutura interna e aporten as definicións complementares para unha máis precisa situación dos diversos sectores da militáncia dentro do seu conxunto. Dese xeito arriquecerán-se as canles para a expresión e difusión das ideias e iniciativas de cada quen, fará-se máis doada a participación nos diversos procesos de toma de decisión e a veiculización e estimulo das actividades de pensamento e prática política da militáncia. En suma, consolidará-se a estrutura pluralista da frente e multiplicará-se o potencial de enerxia política que a fórmula frentista pode e debe xerar e proxectar no proceso de libertación da nación galega.

A esta finalidade arriquecedora e potenciadora do BNG vai orientada a decisión colectiva de constituir ESQUERDA NACIONALISTA como partido político dentro dos lindes políticos do BNG.