Inicio Esquerda Nacionalista

  Ideario
     
 
Menú
Ideario
Estatutos
Organización
IV Asembleia Nacional
Imaxes/Fotos
Publicacións
ENClave
E.N.Galiza
E.N.Vigo
Contacto
Suxerencias
Correio-e
Enderezos



BNG-Galiza

Galiza Nova

Fundación ENClave

Plataforma Nunca Máis

 
Ponéncia Ideolóxico-Política.
Introdución.
I. Galiza nación.
II. Rexime político.
III. Liberdades individuais e direitos colectivos.
IV. A base económica da sociedade.
V. A base territorial da sociedade.
VI. Língua.
VII. Posicións perante problemas mundiais actuais.

VI. A língua.

  1. EN considera a língua galega como o principal compoñente cultural e o factor individualizador máis nídio da Nación Galega. Por isto, a normalización lingüística do noso idioma nacional será un obxectivo prioritário, comun e transversal, que estará presente en todas e cada unha das actuación dos/das militantes da organizaicón. EN entende que o fin último do proceso normalizador é a restauración do monolingüismo social en galego. EN proporá ao BNG e ás organizacións defensoras do idioma a elaboración dun Plano Global de Normalización Lingüística que afecte a todas as áreas e níveis da vida pública do país.


  2. EN, en consonáncia coa máis nídia tradición galeguista e coas aportacións máis modernas e rigorosas da ciéncia lingüística, considera que o idioma galego pertence por razón natural e obxectiva ao sistema lingüístico galego-portugués. EN propugna, pois, a reintegración do idioma no sistema que lle é próprio entendendo que esta debe realizar-se gradual e paulatinamente, adaptando-se ás circunstáncias socioculturais, históricas e políticas que vive a nosa nación. Neste sentido, e como primeiro paso necesário para dita reintegración, cumpre chegarmos en breve prazo a unha normativa lingüística de consenso, un pacto de "mínimos" de reintegración, que permita avanzar con paso decidido cara a definitiva normalización do idioma na sociedade, en todos os usos e en todos os níveis.


  3. A normalización do galego, entende EN debe ir acompañada dunha normativización de amplo consenso científico-lingüístico e social. É preciso, neste proceso, pór barreiras á castelanización léxica e morfolóxica que entolda o galego, privando-o dunha evolución natural a partir da sua própria raíz e submentendo-o a un "corsé" dialectalizante e españolizador que pon en perigo a sua mesma estrutura lingüística e a sua universalización.