| Espazo Aberto
cara ao Partido Socialista Galego do século XXI |
|
| Convocada a
VI Asemblea Nacional Esquerda Nacionalista |
A Mesa Nacional
de E.N. convoca a súa VI Asemblea Nacional para
o día 10 de Maio
Esquerda
Nacionalista baixo o lema "ESPAZO ABERTO:
socialista e galego" o vindeiro 10
de Maio de 2008, en Santiago de Compostela, celebrará
a súa VI Asemblea Nacional.
Esta Asemblea Nacional vai supoñer unha renovación
dos nosos compromisos, nosas obrigas e os nosos dereitos
co nacionalismo galego, ademais dos principios políticos
que nos sustentan dende fai moito tempo.
Grazas a este proceso asemblear, onde a militancia do
partido expresará democraticamente a súa
vontade política e organizativa, teremos a oportunidade
de reformular o proxecto do socialismo galego dentro do
nacionalismo, e sempre consolidando o BNG forte e participado
que defendemos.
A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista
info@esquerdanacionalista.com
|
| Xornadas de
Formación de EN-Mocidade |
| Os
días 5 e 6 de abril terán
lugar en Betanzos as Xornadas de Formación
de Esquerda Nacionalista-Mocidade "Construíndo
nación, transformando a sociedade".
Será un fin de semana de confraternidade, no que
haberá tempo para o lecer, para a música,
para a cultura e para coñecérmonos todos
e todas nós.
Dende a nosa organización queremos facer un chamamento
para que asistas a estas xornadas, xa que son de carácter
aberto ás persoas de Galiza Nova, do BNG e do nacionalismo
en xeral para poñer en común, ideas, formas
de ver a realidade e pasar dous días entre mozos
e mozas de todo o país.
Haberá varias comitivas que sairán dende
Compostela, dende Vigo e dende Ourense. Para inscribirte
manda un correo electrónico a mocidade@esquerdanacionalista.com
ou ben chamando ao 669712591. A cota de inscrición
será de 15 euros, que incluirá dous xantares,
unha cea, estancia e todas as demais actividades de balde.
Tamén existe a posibilidade de asistir só
á cea do sábado no Restaurante Os Arcos,
no que haberá intervencións políticas.
O programa é o seguinte:
SÁBADO
5 de abril
11:00 Chegada a Betanzos e recoñecemento das instalacións.
11:30 Visita guiada ao Museo das Mariñas e ao Casco
Histórico.
14:00 Xantar.
16:00 Desenvolvemento das actividades formativas no Salón
Azul do Edificio Liceo.
- Altermundo, abaixo á esquerda está o corazón,
con Xosé Manuel Beiras e Xabier Macías.
- Nacionalismo e política de vivenda, con Xoán
Bascuas
- Políticas sociais e de benestar nos concellos,
facendo nación. Vítor Meizoso, Xabier López
e Abel López Soto.
21:00 Cea de confraternidade con intervencións
políticas.
- Charo Fernández Velho. Reponsábel Nacional
de Acción Feminista do BNG.
- Antonio Oca. Director Xeral de Produción, Industria
e Calidade agroalimentaria.
- Paulo Carlos López. Portavoz Nacional de Esquerda
Nacionalista-Mocidade.
00:00 Lecer nocturno pola cidade.
DOMINGO
6 de abril
11:30 Almorzo
12:00 Visita guiada ao Pasatempo.
14:00 Xantar no barco Diana Cazadora remontando o río
Mandeo e visita aos Caneiros.
17:30 Despedida e retorno a casa.
|
| Xa na rúa
o E.N.GALIZA 8 |
| Xa
na rúa o último número 8º do
voceiro nacional de Esquerda Nacionalista, E.N.GALIZA.
Neste número poderás atopar unha ampla análise
das eleccións municipais e demais temas da actualidade
política galega e internacional. Se desexas recibilo
de balde no teu domicílio, solicítao en
info@esquerdanacionalista.com.
Ver.
|
| Día da Patria 2007 |
|  Máis
un ano Esquerda Nacionalista participou cunha presenza
destacada na mobilización convocada polo BNG no
Día da Patria, desta volta baixo o lema "A
Forza que fai País". A tradicional faixa
do Partido abría a comitiva propia que percorreu
as rúas da capital da nosa Nación.
|