Páxina principal
 

Benvid@ á web de ESQUERDA NACIONALISTA-MOCIDADE

 

 

 
 

Xornadas de Formación de EN-Mocidade: "Construíndo Nación, Transformando a Sociedade"

Os días 5 e 6 de abril terán lugar en Betanzos as Xornadas de Formación de Esquerda Nacionalista-Mocidade "Construíndo nación, transformando a sociedade". Será un fin de semana de confraternidade, no que haberá tempo para o lecer, para a música, para a
cultura e para coñecérmonos todos e todas nós.
Dende a nosa organización queremos facer un chamamento para que asistas a estas xornadas, xa que son de carácter aberto ás persoas de Galiza Nova, do BNG e do nacionalismo en xeral para poñer en común, ideas, formas de ver a realidade e pasar dous días entre mozos e mozas de todo o país. [+]

X Asemblea Nacional de EN-Mocidade: "Afianzando o Nacionalismo Xuvenil"

O sábado 20 de outubro de 2007 celébrase no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela a X Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade baixo o lema "Afianzando o Nacionalismo Xuvenil", completándose deste xeito un proceso asemblear iniciado no verán deste ano. [+]

Artigo de Carlos Aymerich

Polo seu interese e actualidade, achegamos artigo de Carlos Aymerich, Deputado e Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego a respecto da non aprobación polo momento dun Novo Estatuto de Nación para Galiza. [+]

Na rúa o Manesquerda 15

Na rúa o número 15 do noso voceiro Manesquerda. Interesantes son os temas que se abordan: Galiza Nova 2009; vivenda e xuventude; entrevista a Quico Paz Antón; sen especialización; a espera do Novo Estatuto; o BNG vintecinco anos despois; Independencia, Democracia e Socialismo; Nacións sen Estado (Palestina e Sahara); etc. [+]

Entrevista a Saúl Santim

Introducimos entrevista realizada a Saúl Santim, Portavoz Nacional de EN-Mocidade, que após 6 anos exercendo como tal, deixa a responsabilidade máxima en EN-Mocidade na X Asemblea Nacional que se celebra o 20 de outubro en Compostela. [+]

Bandeiras de EN-Mocidade á venda

Podes adquirir as bandeiras de Esquerda Nacionalista-Mocidade estampadas co debuxo que tes ao carón a un prezo de 13 Euros. Para solicitala túa bandeira non tes máis que pedida por correo electrónico en mocidade@esquerdanacionalista.com. [+]

Reeditadas as camisolas coa lingua nacionalista

EN-Mocidade acaba de reeditar as camisolas coa lingua nacionalista, de tela negra e impresas a tres cores, baixo a lenda "SACA A TUA LINGUA". Podes solicitala directamente aquí a prezo de 9 €. [+]