XORNADAS DE FORMACIÓN EN-MOCIDADE:
"CONSTRUÍNDO NACIÓN, TRANSFORMANDO A SOCIEDADE"

 

Os días 5 e 6 de abril terán lugar en Betanzos as Xornadas de Formación de Esquerda Nacionalista-Mocidade "Construíndo nación, transformando a sociedade". Será un fin de semana de confraternidade, no que haberá tempo para o lecer, para a música, para a
cultura e para coñecérmonos todos e todas nós.


Dende a nosa organización queremos facer un chamamento para que asistas a estas xornadas, xa que son de carácter aberto ás persoas de Galiza Nova, do BNG e do nacionalismo en xeral para poñer en común, ideas, formas de ver a realidade e pasar dous días entre mozos e mozas de todo o país.

 

Haberá varias comitivas que sairán dende Compostela, dende Vigo e dende Ourense. Para inscribirte manda un correo electrónico a mocidade@esquerdanacionalista.com ou ben chamando ao 669712591. A cota de inscrición será de 15 euros, que incluirá dous xantares, unha cea, estancia e todas as demais actividades de balde. Tamén existe a posibilidade de asistir só á cea do sábado no Restaurante Os Arcos, no que haberá intervencións políticas.

O programa é o seguinte:

 

SÁBADO 5 de abril
11:00 Chegada a Betanzos e recoñecemento das instalacións.
11:30 Visita guiada ao Museo das Mariñas e ao Casco Histórico.
14:00 Xantar.
16:00 Desenvolvemento das actividades formativas no Salón Azul do Edificio Liceo.
- Altermundo, abaixo á esquerda está o corazón, con Xosé Manuel Beiras e Xabier Macías.
- Nacionalismo e política de vivenda, con Xoán Bascuas
- Políticas sociais e de benestar nos concellos, facendo nación. Vítor Meizoso, Xabier López e Abel López Soto.
21:00 Cea de confraternidade con intervencións políticas.
- Charo Fernández Velho. Reponsábel Nacional de Acción Feminista do BNG.
- Antonio Oca. Director Xeral de Produción, Industria e Calidade agroalimentaria.
- Paulo Carlos López. Portavoz Nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade.
00:00 Lecer nocturno pola cidade.

 

DOMINGO 6 de abril
11:30 Almorzo
12:00 Visita guiada ao Pasatempo.
14:00 Xantar no barco Diana Cazadora remontando o río Mandeo e visita aos Caneiros.
17:30 Despedida e retorno a casa.