| 
O sábado 20 de outubro de 2007 celébrase
no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela a X Asemblea Nacional
de Esquerda Nacionalista-Mocidade baixo o lema "Afianzando
o Nacionalismo Xuvenil", completándose deste xeito un
proceso asemblear iniciado no verán deste ano.
Os documentos a debate serán: relatorio político,
relatorio de acción organizativa e relatorio de igualdade.
Por outra banda, como así correspondente estatutariamente,
EN-Mocidade renovará a súa dirección política
coa elección dunha nova Mesa Nacional.
O acto de encerramento da asemblea está previsto
para as 18:30 h.
Velaquí podes descargar os documentos
a debate.
|